icono blogspot icono de facebook icono de twitter icono de youtube
banner para coñecer a Memoria de Actividades banner para coñecer o Programa

Avance de Novas

TRASLADÁMONOS!!
24/1/2024
topo mas ler máis


CLINICA TORRES - VIGO (COLABORADOR)
5/10/2021
topo mas ler máis


PROGRAMAS

Programas en marcha

Na actualidade a Asociación de Iniciativa Social Berce tene en funcionamento os siguientes programas, destinados á sensibilización e a facilitar a participación da cidadanía na actividade da asociación.

O Libro Viaxeiro

Esta idea xurde dende a propia institución como desexo de compartir o noso facer diario e realizar unha apertura positiva ao noso entorno e á sociedade en xeneral. É unha iniciativa para menores e maiores e entre os seus obxectivos destaca:

• Axudar a crear unha conciencia social sobre a importancia da lectura.
• Aportar unha visión positiva das actuacións levadas a cabo polos Centros de Menores e máis concretamente polas Casas de Familia da Comunidade Galega.
• Impulsar o uso do verbo "COMPARTIR".
• Inculcar o respeto e o cuidado hacia os obxetos propiedade de todos.

A súa posta en marcha foi o 15 de Abril de 2011, día no que se puso en circulación pola cidade de Vigo:

  • un libro de adultos.
  • 30 exemplares de libros destinados a menores de Educación Primaria (3-11 anos) con distintos títulos e que teñen a denominación de "PEQUE-LIBRO".
Todos estos títulos levan consigo un escrito dirixido aos lectores para que coñezan a iniciativa e se fagan partícipes da mesma.

Tamén podes participar nas iniciativas de sensibilización social promovidas pola entidade:

  • "O Libro Viaxeiro". Pídenos un libro e llo faremos chegar!



Comparte a tua vida

A Asociación de Iniciativa Social Berce, a través da campaña "COMPARTE A TUA VIDA" pretende proporcionar aos Menores atendidos nos centros unha maior calidade de vida a través da realización de "microproxectos" concretos e específicos que inciden directamente no benestar dos nenos na súa vida diaria.

A base do programa é o apadrinamento de prazas. Deste xeito se preserva a intimidade dos nenos e nenas residentes nos Centros.

O obxectivo é canalizar a axuda dos "padriños" de tal xeito que a repercusión da súa aportación chegue á realidade diaria dos nenos a través de melloras que lles afectan directamente.

¿A que se destinarán as aportacións do programa "COMPARTE A TUA VIDA"?

  • Xaneiro: Regalos de Reis para todos os nenos.
  • Febreiro: Regalos de Cumpreanos. As aportacións pasan a formar parte dun fondo específico que durante o ano se adica exclusivamente aos regalos de cumpreanos.
  • Marzo, Abril, Maio: Melloras de confortabilidade.
    Se acometerán nos Centros melloras que influan directamente no benestar dos nenos: renovación de equipamentos, mobiliario, melloras de habitabilidade...
  • Xuño, Xullo, Agosto: Lecer e tempo libre. Se facilitará a asistencia dos Menores a campamentos e alternativas de lecer, etc, así como a planificación de actividades dende o propio Centro (viaxes,excursións...) e a adquisición de materiais para ditas actividades e para uso diario no tempo de lecer.
  • Setembro, Outubro, Novembro: Material Escolar. Adquisición ddos materiais necesarios para cada aluno, así como materiais de uso común, mochilas, renovación da biblioteca do Centro (libros de lectura, diccionarios, materiais multimedia...).
  • Decembro: Regalos de Nadal para todos os nenos.




PROGRAMAS

Programas implantados nos centros de atención a menores Berce

Lecer e tempo libre

O obxectivo do presente programa é o de favorecer a convivencia entre os menores que residen no Centro, fomentar prácticas de vida saludable, tanto a nivel físico como intelectual e incentivar o bo uso do tempo de lecer dos menores.

As actividades programadas están dirixidas a todos aqueles menores que se atopen ingresados nos Centros de Atención a Menores Berce.



Plan de intervención coas familias. Escola de pais

O obxectivo do presente programa en relación aos Menores é favorecer a relación coas súas familias (biolóxicas, adoptivas ou acolledoras), sempre que esta relación sexa positiva para o seu desenvolvemento persoal.

O obxectivoo do presente programa en relación á familias é capacitalas e dotalas das estratexias axeitadas para asumir a responsabilidade da educación dos seus fillos á vez, que se busca eliminar aquelas conductas de risco que no seu momento propiciaron a adopción de medidas de protección.



Inserción laboral

Este programa está dirixido a todos os menores adolescentes maiores de 16 anos que abandonaran a escolarización obrigatoria e que se atopen ingresados nos Centros de Atención a Menores Berce. Entre os obxectivos do presente programa se deben destacar:

  • Facilitar a inserción laboral do menor.
  • Capacitar ao menor na búsqueda activa de emprego.
  • Ofrecer itinerarios de formación que favorezan a inserción laboral.
  • Capacitar en estratexias personais para o axeitadoo desenvolvemento do proceso


Preparación para a autonomía persoal e preparación para a vida independente

Este Programa de "Preparación para a vida independente" ten como finalidade axudar aos adolescentes a integrarse na sociedade e capacitalos para que sexan capaces de desenvolverse de xeito autónomo mediante o correcto manexo das súas habilidades personais e sociais.

O procedemento alcanza a todos os menores adolescentes ingresados nos Centros Berce. Tenrán preferencia aqueles menores que por circunstancias alleas ao mesmo, unha vez cumprida a maioría de idade non se reincorporen a un núcleo familiar.



Xestión de recursos humanos

O obxectivo deste plan de xestión é establecer un marco de actuación capaz de atender á necesidades dos Centros Berce e aos usuarios dos mesmos (os Menores e as súas familias).

Este programa abarca dende a selección do persoal hasta a organización do traballo e a avaluación do proceso.



Formación continua do Personal

O obxectivo dopresente plan é o de asegurar a formación do persoal e poder así garantir a calidade na atención aos Usuarios.

Dende a Asociación de Iniciativa Social Berce se considera necesario o deseño dun Plan que inclua formación de carácter práctico vinculada á experiencia nas competencias básicas que se espera que cada Profesional posua para cumprir axeitadamento co seu traballo.



Formación para os Menores residentes nos Centros

O obxectivo do presente procedemento é o de definir a sistemática a seguir polo persoal dos Centros de Protección de Menores Berce para garantir o acceso, proceso e consecución da formación, nos seus distintos graos e niveis aos Menores residentes en ditos Centros.

O programa acada a todas as actuacións de carácter educativo, técnico, de xestión de recursos, de índole organizativa, de carácter estructural e, en definitiva, de calqueira outra que afecte á dinámica interna dos Centros, destinadas a garantir o acceso aos distintos tipos de formación en todos os seus niveis dos Menores acollidos.



Prevención para o maltrato institucional

O obxectivo do presente procedemento é o de definir a sistemática a seguir polos Centros de Protección de Menores Berce para a prevención das posibles situacións de maltrato institucional que poidan xurdir e a xestión das mesmas.

O procedemento acada a todas as actuacións de carácter educativo, técnico, de xestión de recursos, de índole organizativa, de carácter estructural e, en definitiva, de calqueira outra que afecte á dinámica interna dos Centros, destinadas a evitar, mitigar ou compensar os efectos do maltrato institucional sobre os Menores acollidos nos Centros.



Mellora da CALIDADE

O obxectivo do presente plan é o de garantir os dereitos dos nenos e adolescentes a través de intervenciónes de calidade, é dicir, de actuacións educativas que respondan áas súas necesidades do xeito máis satisfactorio posible.

Este Plan de Mellora da Calidade contempla todo o Proxecto dos Centros Berce.



Seguemento pos-institucional

O obxectivo do presente programa é o de realizar un seguemento axeitado a aqueles Menores e Xóvenes que finalizan o seu proceso de institucionalización.

O procedemento acada a todos os Menores e Xóvenes que tiveran estado ingresados nos Centros Berce.


ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL BERCE
Avda. Castelao, 65 - ático      36209 Vigo - Pontevedra
Tel.: 986240517      Fax: 886133112
e-mail: info@asociacionberce.org