CANCIÓNS POR AGASALLOS:OBXECTIVO CUMPLIDO12/01/2015
O pasado 3 de xaneiro a convocatoria de Ernie Produccións na Cidade da Cultura de Santiago resultou novamente un éxito: reuníronse centos de persoas e centos de agasallos que foron recollidos pola Asociación Berce, que se encargou de facer que chegasen ós Brunos e Carlotas de Berce e tamén a usuarios das entidades Cáritas e AFAN (Vigo).
O Grupo ViaRTV presente en III Cena Solidaria Asociación Berce22/10/2013
O Grupo VIARTV estivo presente na III Cena Solidaria da Asociación Berce e esta é a mostra de cómo nos viron... unha cena moi emotiva cargada de sorpresas que contou coa presenza de Bruno e Carlota, da concejala Teruca Cendón, do alcalde da Cañiza, de tódolos nosos amigos Berceadores e de un Bruno moi especial para nós.
Todo elo amenizado polo locutor e presentador do Grupo Via RadioTV, Ramón Presley e Paula Suárez.
Entrevista no programa Convivir en Igualdade09/09/2013
Recuperamos esta entrevista que realizaron a nosa compañeira Paula Suárez no programa "Convivir en Igualdade" da Radio Galega (a partir min. 19) o día 02 de Agosto. O motivo da entrevista foi a celebración do Torneo Solidario de Padel en Boiro organizado por Marketing Tangible e Talesport e que ademáis foi todo un éxito.
Durante esta entrevista realizamos tamén un percorrido polos inicios e a actividade actual da Asociación Berce.