icono blogspot icono de facebook icono de twitter icono de youtube
banner para coñecer a Memoria de Actividades banner para coñecer o Programa

NOVAS DE INTERESE



voltar ao listado »



 A CASA DE PRIMEIRA ACOLLIDA BERCE XA É UNHA REALIDADE

1/8/2019

Desde o pasado 15 de xullo xa está en funcionamento a "Casa de Primeira Acollida Berce", un recurso especializado destinado a atender as situacións de urxencia nas que os/ as Menores necesiten unha atención residencial inmediata ante unha situación de risco ou desamparo. O Centro, que funciona de maneira ininterrompida as 24 horas os 365 días do ano, conta cun equipo multidisciplinar, integrado por persoal educador, unha psicóloga e unha traballadora social, que realizarán unha valoración e diagnóstico de cada caso co obxectivo de axilizar a derivación dos casos a outros recursos residenciais, así como unha intervención especializada que poida facilitar a reintegración familiar. A casa conta cunhas instalacións moi completas e preparámola con moito agarimo para ofrecer unha atención de calidade nunha contorna acolledora e educativa. Queremos agradecer a implicación de todas as persoas que o fixeron posible, e só podemos dicir que poñeremos todo o noso empeño en conseguir que esta casa sexa un recurso útil para a nosa sociedade, ofrecendo un servizo especializado e eficaz. Incluímos unha ligazón con fotografías da Casa de Primeira Acollida Berce.

 abrir ligazón

ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL BERCE
Avda. Castelao, 65 - ático      36209 Vigo - Pontevedra
Tel/Fax: 986240517
e-mail: info@asociacionberce.org