icono blogspot icono de facebook icono de twitter icono de youtube
banner para coñecer a Memoria de Actividades banner para coñecer o Programa

NOVAS DE INTERESE



voltar ao listado »



 SORRISOS SOLIDARIOS. 27 de maio. Festival Solidario en Gondomar

22/5/2017

Presentámosvos o festival solidario SORRISOS SOLIDARIOS, que terá lugar no Auditorio Municipal "Lois Tobío" de Gondomar. Un festival no que se recadarán fondos para os proxectos e iniciativas da Asociación Berce a favor da INFANCIA. Empezaremos cos nenos ás 17.00h con talleres, e contaremos despois coa música de Magín Blanco (e parte da familia de María Fumaça) e cos contos e a fantasía de "Voltereta e Volvoreta" (Tamén coñecidas como a Doutora Tirititeira e a Doutora Lectora no proxecto "Sonrisas por Tiritas") E pola noite... unha dose extra de humor PARA PÚBLICO ADULTO da man do xenial GOSSIP BUFÓN (tamén coñecido como Doutor Tor Pin en "Sonrisas por Tiritas"). Podedes reservar as entradas no teléfono 986240517, e recollelas 30 minutos antes de cada función no auditorio, onde se abrirá o despacho de billetes unha hora antes de cada función. Este festival será unha realidade grazas á colaboración desinteresada de Concello de Gondomar, XQuatro, Magín Branco e María Fumaça, Voltereta e Volvoreta e Gossip Bufón (Pallaso Popín). 100% solidarios coa Infancia que máis o necesita. O aforo é limitado.


ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL BERCE
Avda. Castelao, 65 - ático      36209 Vigo - Pontevedra
Tel/Fax: 986240517
e-mail: info@asociacionberce.org