icono blogspot icono de facebook icono de twitter icono de youtube
banner para coñecer a Memoria de Actividades banner para coñecer o Programa

NOVAS DE INTERESE



voltar ao listado »



 Primeiro balance de "Sonrisas por Tiritas"

1/6/2017

Desde o día 16 de novembro de 2016, os Doutores Tirita acudiron xa en 30 ocasións ao hospital.
O proxecto estaba en principio pensado para funcionar en dúas zonas do hospital: a planta de Pediatría e o Hospital de Día Pediátrico+Consultas Externas. Pero a acollida foi tan positiva por parte do equipo médico e a xerencia do Hospital, que desde as primeiras semanas os Doutores Tirita foron requiridos na unidade de Reanimación infantil e en Urxencias Pediátricas.  
Nestes 4 meses atendeuse a 700 nenos e nenas de todas as idades, e foron 26 os profesionais da animación que colaboraron, achegando o seu tempo, o seu bo facer, a súa ilusión e tamén os seus propios recursos. Toda a información do proxecto está no noso blogue www.sonrisasportiritas.blogspot.com


ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL BERCE
Avda. Castelao, 65 - ático      36209 Vigo - Pontevedra
Tel/Fax: 986240517
e-mail: info@asociacionberce.org