icono blogspot icono de facebook icono de twitter icono de youtube
banner para coñecer a Memoria de Actividades banner para coñecer o Programa

NOVAS DE INTERESE



voltar ao listado »



 BERCE GAÑA O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE BELÉNS DE AFUNDACIÓN

24/12/2014

UN NADAL DE CONTO. (Bruno e Carlota soñan cun mundo de conto). Un ano más os nosos nen@s presentáronse ó 49 concurso de Beléns que organiza a Fundación ABANCA na cidade de Vigo. Nesta ocasión plantexámonos un triple obxectivo, por unha parte que os Brunos e Carlotas que participaron o pasan xenial compartindo e aprendendo, por outra parte recuperar diferentes contos clásicos e animar á sua lectura ós máis pequenos da casa e por último dar unha visión positiva dos nen@s que viven nas Casas de Familia que dirixe BERCE. Os obxectivos cumplíronse con creces e por iso estamos moi contentos. Se queres velo, desde hoxe ata o día 6 de xaneiro podes visitalo na sala de exposicións de AFUNDACION en Vigo (nos baixos do teatro García Barbón). Queremos aproveitar esta oportunidade para agradecer a colaboración de Jumping Clay Vigo na elaboración do nacemento.

 abrir ligazón

ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL BERCE
Avda. Castelao, 65 - ático      36209 Vigo - Pontevedra
Tel/Fax: 986240517
e-mail: info@asociacionberce.org