icono blogspot icono de facebook icono de twitter icono de youtube
banner para coñecer a Memoria de Actividades banner para coñecer o Programa

Avance de Novas

A CASA DE PRIMEIRA ACOLLIDA BERCE XA É UNHA REALIDADE
1/8/2019
topo mas ler máis


¿Queres colaborar con Berce? Faite SOCI@ por 5 euros ó mes
10/1/2019
topo mas ler máis


A ASOCIACIÓN

Como o facemos

A Asociación de Iniciativa Social Berce persegue os seus obxectivos levando a cabo actividades en duas vertentes diferenciadas.

Por unha parte, mediante a coordinación de casas de acollida, desenvolvendo unha actividad profesional e especializada baseada en catro pilares:

  • NORMALIZACIÓN.
  • INTEGRACIÓN.
  • TRATAMENTO INTEGRAL DA PROBLEMÁTICA DO MENOR.
  • TRABALLO INTERDISCIPLINAR CON TODOS OS AXENTES QUE PARTICIPAN NO PROCESO EVOLUTIVO DO MENOR.

Os criterios pedagózicos que guían o traballo e a intervención dos Equipos Educativos dos centros Berce, adaptáronse tras facer unha análise exhaustiva das necesidades e das situacións dos Menores que se atenden en ditos centros, e en base á experiencia acumulada dende o ano 1995 na prestación do servizo.

foto1 como lo hacemos A atención é individualizada e persoalizada para cada un dos Menores; ofrecendo unha formación integral en coñecementos, destrezas e valores morais en todos os ámbitos da vida persoal, familiar, social e profesional.

Se atende integralmente ao Menor, contemplando todos os aspectos do seu desenvolvemento e sen facer parcializaciones da súa persoa.

En todo momento se tende hacia a normalización total da vida do Menor. Procurando que a súa realidade diaria non difira demasiado da vida dentro dunha familia.

Nos Centros Berce se procura que os Menores desenvolvan o sentido crítico, capacitándolles para tomar decisións máis libres e responsables, fundamentadas nunha serie de valores previamente inculcados.

Dende os Centros se educa para o logro da autonomía persoal e o pleno desenvolvemento da personalidade. Preparando aos Menores para a participación activa na vida social e cultural. Nos Centros se traballa para conseguir que as comunicacións sexan fluidas, favorecendo en todo momento a libre expresión das ideas e pensamentos, respetando sempre as mínimas normas de educación e respeto hacia as persoas e institucións.

foto2 como lo hacemos Se inculcan unha serie de hábitos de comportamento e actitudes, co primordial obxectivo de acadar que os Menores se integren socialmente dun xeito pleno. Se marcan unhas normas de convivencia e de trato hacia os demáis que, sen coartar as liberdades, favorezan o respeto aos dereitos de todos e a positiva integración a nivel social.

Se traballa dende a idea da igualdade de dereitos respetando, en todo caso, a pluralidade lingüística, cultural e de confesión, así como a igualdade de xénero.

O ambiente que se disfruta nestas casas de familia é cordial e afable, cun interese predominante por acadar a comodidade dos Menores, tanto a nivel funcional como de relación, pondo especial énfase en cubrir o baleiro afectivo de ditos Menores: Ensinar a dar e recibir afecto.

Por outra parte, mediante a posta en marcha de campañas dirixidas á sociedade en xeneral, co obxetivo de sensibilizar e promover a participación solidaria.



ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL BERCE
Avda. Castelao, 65 - ático      36209 Vigo - Pontevedra
Tel.: 986240517      Fax: 886133112
e-mail: info@asociacionberce.org